Teresa Gómez e Alba Barreiro

Teresa Gómez

Realizou estudos de Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo, téndose especializado posteriormente en Música Tradicional Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, así como en Zanfona e Percusión Tradicional, estudando interpretación e luthería cos mestres Xaime Rivas e Anxo Pintos na Escola de Artes e Oficios de Vigo por máis de catro anos. Asemade, é Mestra de Educación Musical.

Por outra banda, ten formación en Canto e viu colaborando con en diferentes formacións tanto a capella como sinfónicas, como o Coro Xuvenil Mayeusis, Camerata Vivace, Camerata ad Libitum, ou Euroropachörakademie, de Mainz (Alemaña), con que ten participado en proxectos como “As Escenas do Fausto de Goethe” de Robert Schumann, “Carmina Burana” de Carl Orff , “Chichester Psalms” de Leonard Bernstein, “Te Deum” de Krysztof Penderecki, e “La Transfiguration de Notre Seigneur Jesús-Christ” de Olivier Messiaen, compartindo escenario con orquestras como a Orquestra Sinfónica de Munich, a Orquestra Nacional de Kiev, a “Bundesjugend Orchester” de Alemaña ou a Orquestra Sinfónica de Baden-Baden e Friburgo, baixo a batuta de directores da talla de Joshard Dauss, Gerd Albrecht e Sylvain Cambrelin en diferentes cidades do centro e norte de Europa.

Dende 2001 pertence á Orquestra Folc “SonDeSeu”, coa que realizou numerosos concertos dentro e fóra do país.

A título individual ten ofrecido concertos didácticos no Museo Etnográfico Liste de Vigo e en escolas de educación primaria.

Dende xaneiro de 2007 ven ofrecendo concertos como integrante do presente dúo de arpa e zanfona.

Alba Barreiro

Comezou os seus estudos de piano ós 11 anos. Ós 12, descobre a arpa celta grazas ás clases do mestre Rodrigo Romaní . O seu gusto pos este instrumento levouna a estudar arpa clásica con profesores como Céline Landelle, arpista solista da Sinfónica de Galicia, por máis de catro anos ata conseguir o acceso ó Conservatorio Superior de Música de Salamanca, onde recibiu clases de Marianneten Voorde, arpista solista da Orquestra Sinfónica de Castilla y León.

Actualmente cursa o Grao Superior en Musikene (Conservatorio Superior de Música do País Vasco, centro punteiro na arpa en España e recoñecido a nivel europeo) con Frédérique Cambreling, gran concertista neste instrumento.

Alba Barreiro gravou varios discos tres deles coa orquestra folc Sondeseu e ten colaborado con grandes orquestras como a Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Orquesta Sinfónica de Castilla y León. Por outra banda, ten acompañado en solitario ó Coro Infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia e mesmo realizou tres gravacións en películas como Pradolongo e Los girasoles ciegos.

Ven colaborando habitualmente con diversas agrupación como bandas, grupos e orquestras e coa zanfonista Teresa Gómez, con quen integra o dúo que aquí lles presentamos.

Mostra de Repertorio:

Primeira parte:

  • Martín Códax. Cantigas:

Mandad`hei conmigo

Mia Irmana Fremosa

Quantas sabedes amar

Ondas do mar de Vigo

  • Alfonso X O Sabio. Cantigas de Santa María:

A que por mui gran fermosura

Santa María, Estrela do día

Non sofre Santa María

Quen a omagen da Virgen

  • Pierre Attaingnant:

Tourdion

  • Manuscrito toscano de finais do século XIV – principios do XV (London, British LIbrary, Add. 29987)

Saltarello

Segunda parte:

  • Tradicional:

Marcha de Breixo

Pasacorredoiras de Arnoia

Vals de Brea

A Farruquiña (Polca)

Alalá de Vilalba

Pasodobles de San Roque (arr. Xoán Bello Mallou)

Marcha Procesional de Vilalba

Danza de Cariño

A Maruxa

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s